Reportaxes

   
Reportaxes
       Non só se pode contar do noso pobo o que aparece no resto das seccións. Para ubicar todos os demais temas que van acontecendo, o de xeito máis sinxelo, que non teñen lugar no resto das partes da páxina web, creamos este apartado de reportaxes, coas máis variadas temáticas, que esperamos poder ampliar con máis traballos, pero non só nosos, senón de toda a xente que nos visita e propoña algún novo tema ou algo de interese do que se deba deixar constancia.
       Para ir comezando, temos preparados os seguintes traballos:
    

                   Senderismo á

           Torre de Doncos 

     Para mellor información de cómo realizar esta ruta explicada no apartado "Rutas", ou para facerse unha idea se non se ten pensado realizala de seguido, decidimos facela nos, con fotografías cada poucos metros explicando o percorrido. Engadido en Xullo do 2006. ENTRAR

                             Doncos baixo a neve

    Todo o mundo conta con provisións de leña e alimentos para pasar as largas nevadas de inverno. Por fortuna o por desgracia, as nevadas xa non son o que eran, e aínda que se sigue pasando frío, a neve en Doncos descubre un curioso paisaxe do que damos una pequena pincelada. Engadido en Xullo do 2006. ENTRAR

                                        Doncos de noite

    Cando todo está en calma, cando todas as xentes atópanse descansando nas súas casas e tamén cando se apoderan do pobo as raposas, os cans que as auxentan, xabarís, gatos e outros bichos, o pobo continúa existindo, e nos o temos retratado. Engadido en Xullo do 2006.  ENTRAR

                           Desde a miña ventana

    Choiva, aire, neve, frío, néboa, calor, treboadas... Este reportaxe é un exemplo do cambiante que pode ser un mesmo paisaxe, con tan só asomarse á ventana.... Engadido en Xullo do 2006. ENTRAR

                             Festas do Santiago 2006

    A Festa do Pobo merécese máis que as dúas ou tres fotos que reseñamos dela no apartado correspondente da web, polo que aquí poderemos ver algunha máis. Engadido en xullo do 2006. ENTRAR

                  Paisaxes en Doncos

    Os paisaxes, os temas, as cores e as costumes son fonte de temas inagotables para os curiosos da fotografía. Non somos expertos nin profesionais, pero ademais das que mostramos pola web, nos rebañamos o caixón das fotografías e recuperamos as que neste reportaxe aparecen. Engadido en xullo do 2006. ENTRAR
 
Colabora connosco
     Periodicamente iremos publicando novos reportaxes, pero é máis importante que os visitantes da páxina web, as xentes de Doncos e os seus visitantes frecuentes ou ocasionais tamén nos envíen o seu punto de vista sobre o pobo. Sempre que se cumpra un mínimo de calidade gráfica ou documental, case calquera traballo ten cabida nesta sección, que publicaremos tan pronto como sexa posible. Para calquera consulta ou envío de traballos estamos abertos a suxerencias no noso correo electrónico, mostrado no apartado de CONTACTO.
 
 
 

        Subir