Presentación

     
     Esta páxina naceu coa humilde intención de render homenaxe a unha cultura, unhas xentes e, sobre todo, a unha das terras máis fortes e, á vez, máis doces do mundo. A súa resistencia a veleidades capitalinas e á súa fortaleza ante uns gobernantes que sistematicamente relegárona a unha segunda categoría, evitaron soterrar a fermosura dun entorno fértil e agradecido, aínda que esixente e a pesar de que moitos víronse na procura de abandonala, deron cobizo a xentes  loitadoras. Estamos a falar de Os Ancares, de Lugo, de Galicia.

    Se chegaches ata aquí, algo te une a Doncos o as súas xentes, polo que, ademais de convidarte a este percorrido de vagar, agradeceremos calquera crítica ou aportación que poida mellorar esta páxina, aínda que a máis de un lle asemelle sinxelo ou incompleto, é o producto dun traballo feito con todo o cariño e ilusión.

   

 
    Dispoñemos de dous camiños para que os visitantes da web participen na mesma. Por unha banda, se os nosos visitantes desexan realizar algún comentario sobre a páxina web, o pobo,  as súas xentes,  as súas paisaxes e, en xeral, sobre calquera cousa relativa ao pobo de Doncos, poden facelo firmando no noso libro de visitas. Pola outra, se o comentario ten como destino ós creadores da web, dispoñemos dun Formulario de Contacto.

Libro de Visitas

Contacta connosco

 
     
Desde o Norte, desde A Legúa
    
Desde o Este, desde Villarin
   
Desde o Sur, desde Sebrás, coa Torre no centro
    
E a vista de paxaro, sen vértigo.

    Subir